A LONJA VELLA PXG CAMPION ZONAL

d

Partido de infarto o que viviron os cadetes no Novo Monte da Vila ante o CB Grove.

O gañador do encontro desfaría o triple empate que tiñan ambos equipos e se alzaria co titulo de campión que da dereito a xogar a fase de ascenso a liga galega.

Nun trepidante encontro moi marcado pola tensión e pola intensidade física e enmarcado nun ambiente deportivo por parte de ambas afeccións, os de Josue retomaron a liña de xogo que os mantivo no mais alto da taboa durante toda a tempada e conseguiron a victoria por 31-73.

Toca  encarar a fase de ascenso a liga galega nunha primeira fase que enfrentara aos distintos campións zonais divididos en dous grupos.

Así que moita sorte aos nosos peixiños que teñen a oportunidade de acadar a ansiada praza en liga galega.