BREOGÁN CAMPION DA COPA GALICIA

BREOGÁN CAMPION DA COPA GALICIA

CAFÉS CANDELAS BREOGÁN CAMPION DA COPA GALICIA.

MONBUS OBRADOIRO 74 – 75 CAFÉS CANDELAS BREOGÁN

Partido no que os máximos representantes do noso baloncesto, ámbolos dous equipos da liga Endesa,  o Monbus Obradoiro de Santiago de Compostela e o Cafés Candelas Breogán de Lugo, ían dilucidar varías cuestións.

Por unha parte a revancha tralo derbi xogado o pasado sábado, no que os de Natxo Lezcano saian vitoriosos. O segundo tema era se Obradoiro sería quen de manter a súa condición de invicto que arrastraba dende o ano 2010.

Nun partido marcado polas lesións  nos dous equipos, Simmons, Llovet, Brown, Norel,… pero coa boa nova do regreso de Salva Arco.

Ambos equipos empezan con moito acerto, aínda que os de Lugo pronto acadaran a  iniciativa no  marcador. Nestes compases iniciais  mostrábanse moi activos o xermano Alemán Andy Obst por Obradoiro , e o xamaicano Jerome Jordan polos Breoganistas,  facendo moito dano cos seus movementos no poste baixo. Sen dúbida estes xogadores  formulaban unha declaración de intencións do que ía ser o xogo dos dous conxuntos.

Debutaba neste primeiro cuarto Yankuba Sima, o pivote de Girona de 2.11 cm, estivera co  equipo vinculado de Boston Celtics da NBA G league trala súa experiencia na NCAA, St John´s e Oklahoma e que ofreceu cousas interesantes sobre a pista.

Con eses mimbres Breogan escaparíase cunha diferenza en torno aos 10 puntos, (14-22)  que estaría moi presente ao longo do encontro.

No segundo cuarto intercambio de canastras, para chegar ao tempo de descanso cos 10 puntos no marcador  (38-48).

Obst e Jordan mantíñanse como máximos anotadores, 13 e 12 respectivamente.

Terceiro cuarto no que os da ribeira do Miño estiveron a piques de romper o partido índose aos 13 puntos (44-57) de diferencia. Sen  embargo os de Moncho Fernández aguantaron o envite sobre todo coa aparición do base Pepe Pozas, a postre o MVP da final, ben secundado por Hlinason. Non só aguantaron o tipo senón que recortaron diferencias. No Breogan a responsabilidade anotadora descansaba nas mans de Romaric Belemene e Volodymir Gerun.

Así que escomenzouse o derradeiro cuarto con só cinco puntos de vantaxe (62-57). Obradoiro apreta en defensa e un Pozas que segue de doce anota un tripla para poñer os de Moncho por diante por  primeira vez, corría o minuto 33 (65-68).

Axustes tras tempo morto e o equipo de Lezcano frean o ataque obradoirista con varios ataques consecutivos sen anotar e volvendo a coller unha mínima vantaxe de +4 (68-72). Pero Sabat os devolve ao partido cun tripla  (71-72). Anota Breo e no seguinte ataque David Navarro saca o seu sangue frío para acadar unha tripla e darlle a iniciativa ao equipo do alquimista, 74-73.

Unha falta leva a Jerome Jordan a liña de tiros libres, non erra. Breo +1 e   once segundos por xogar. Tempo morto Mocho Fernández, tripla de  Singler que non entra e o título que marcha para Lugo.

Os de Cafés Candelas  Breogán proclámanse campións da  XXXIII copa Galicia, o seu 12º título,  rompendo a racha que mantiña Obradoiro dende 2010 de oito vitorias consecutivas del Obradoiro en la Copa Galicia para adxudicarse seu duodécimo título.

75- (22+26+14+13) Breogán: Löfberg (8), Belemene (12), Christian Díaz (6), Redivo (-), Jordan (18) -cinco inicial-, Corral (3), Yankuba (4), Sergi Vidal (-), Salva Arco (10) y Gerun (14).

74- (14+24+19+17) Obradoiro: Sábat (6), Obst (13), De Zeeuw (5), Hlinason (7), Singler (-) -cinco inicial-, Spires (5), Navarro (8), Pozas (16), Vasileiadis (4).

Árbitros: Vicente Bultó, Jacobo Rial, Jorge Martínez.

ESTADISTICAS

HISTORICO (Fuente: Wikipedia)

Año Sede Campeón Subcampeón Rtdo.
1986 Orense CB Breogán Obradoiro CAB
70–67
1987 Pontevedra CB Breogán OAR Ferrol
101–87
1988 La Estrada OAR Ferrol CB Breogán
87–77
1989 Orense OAR Ferrol Club Ourense Baloncesto
106–101
1990 OAR Ferrol Club Ourense Baloncesto
99–88
1991 El Barco de Valdeorras OAR Ferrol Basketmar Coruña
86–85
1992 Carballino Club Ourense Baloncesto OAR Ferrol
82–80
1993 Villagarcía de Arosa OAR Ferrol Club Ourense Baloncesto
86–82
1994 Vigo Club Ourense Baloncesto CB Breogán
79–69
1995 Orense Club Ourense Baloncesto CB Breogán
1996 Básquet Coruña Club Ourense Baloncesto
1997 Chantada Club Ourense Baloncesto Basket Base Club Villagarcía
97-77
1998 Rianjo CB Breogán Club Ourense Baloncesto
1999 Cambados Club Ourense Baloncesto CB Breogán
83–75
2000 Chantada CB Breogán Club Ourense Baloncesto
105–94
2001 Chantada Club Ourense Baloncesto CB Breogán
88–64
2002 Foz CB Breogán Club Ourense Baloncesto
83–76
2003 Lugo CB Breogán Club Ourense Baloncesto
92–73
2004 Santiago CB Breogán Basket Base Club Villagarcía
74–57
2005 Pontevedra CB Breogán CB Ciudad de Pontevedra
107–78
2006 La Coruña Club Ourense Baloncesto CB Breogán
76–61
2007 Vigo CB Breogán CB Rosalía de Castro
89–57
2008 Puenteareas CB Breogán CB Rosalía de Castro
82–64
2009 Porriño CB Breogán Obradoiro CAB
63–57
2010 Lalín Obradoiro CAB Club Ourense Baloncesto
72–61
2011 Noya Obradoiro CAB Club Ourense Baloncesto
72–70
2012 Orense Obradoiro CAB Club Ourense Baloncesto
86–67
2013 Santiago de Compostela Obradoiro CAB CB Breogán
67–60
2014 Lugo Obradoiro CAB CB Breogán
74–59
2015 Orense Obradoiro CAB Básquet Coruña
79–69
2016 Noya Obradoiro CAB Básquet Coruña
85–77
2017 Marín Obradoiro CAB CB Breogán
75–71
2018 Marín CB Breogán Obradoiro CAB
75–74

 

Equipo Localidad Campeón Títulos (por año)
C.B. Breogán Lugo 12 1986, 1987, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009 y 2018
Obradoiro CAB Santiago de Compostela 8 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016 y 2017
C.O.B. Ourense 7 1992, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001 y 2006
O.A.R. Ferrol Ferrol 5 1988, 1989, 1990, 1991 y 1993
Básquet Coruña La Coruña 1 1996