COMUNICADO: MARIN NON SEGUIRÁ NA LEB ORO

Despois dos últimos difíciles meses nos que os responsables do club estiveron a buscar apoios económicos para dar continuidade ao proxecto de LEB Ouro e conservar a praza que lle correspondía por dereito deportivo, os esforzos non chegaron a bo porto, polo que a entidade non poderá contar cun equipo na máxima categoría Feb a próxima campaña.

Nun momento tan complicado, tanto desde o punto de vista económico como social, resultou moi difícil para o club acadar os apoios suficientes para garantir a presenza nunha liga tan esixente.

O principal hándicap foi a imposibilidade de reunir os avales demandados pola Federación, xunto á incerteza e inseguridade que nos plantexa desde tódolos puntos de vista esta vindeira temporada (social, sanitario, económico e mesmo deportivo), unha crise que afecta a todos os ámbitos que dificulta en gran medida o poder garantir un mínimo presuposto para facer fronte a unha competición deste nivel.

A entidade estivo a piques de acadar un acordo cun inversor estranxeiro nas datas inmediatamente anteriores ao peche do prazo para presentar os avales, pero a escaseza de tempo imposibilitou que as negociacións permitisen facer o pagamento dos avales dentro do período definido pola Feb.

Por outro lado, o club traballou na obtención dunha praza en LF2 ante a posibilidade de ocupar unha das vacantes como reserva. Finalmente non houbo renuncias.

Dende a dirección do club consideramos «unha mágoa que, despois de conquerir na pista por dúas veces unha praza tan importante, non poidamos sustentala economicamente»

O club continuará traballando nun proxecto forte de canteira e intentar volver a élite do basket galego e estatal.

Grazas a tod@s polo voso apoio esforzo, soporte, axuda,…

En breve convocarase asamblea para confeccionar unha nova directiva e marcar as liñas de futuro.

Forza peixe!