Detalles

Hora Liga Día de partido
20:45 LEB ORO 20/12/2019

O MARÍN ENCE PEIXEGALEGO afrontou unha longa viaxe para enfrontarse ao TAU CASTELLÓ, hoxe venres, ás 21.00 horas, no Pabelló Ciutat de Castelló.

O equipo de Javier Llorente ten unha cita complicada polo bo estado de forma do seu rival, que chega ao encontro despois de dous triunfos consecutivos e con seis vitorias que o afastan da zona de descenso a LEB Plata. Os marinenses, polo contrario, comparecerán en chan mediterráneo cun único triunfo e unha xeira de seis derrotas encadeadas, para un balance total de 1-12.

A esa dinámica, únese a probable baixa de Filip Toncinic, por problemas musculares, o que lastrará sobremaneira o xogo interior do bloque marinense. O croata non se exercitou durante a semana despois de mancarse o pasado sábado no partido contra o Almansa e someteuse a unha proba para coñecer o alcance da súa doenza. Isto obrigará a xogadores exteriores a actuar puntualmente na posición de catro, dada a falta de rodaxe, aínda, de Alex Mazaira, que volveu ás canchas a pasada fin de semana despois de case dous meses de baixa por unha intervención cirúrxica na zona abdominal.

O cadro marinense intentará cambiar as malas sensacións dos últimos partidos. Nese senso, Llorente valorou positivamente o excelente nivel de adestramentos que está amosando o grupo, o que confía que se traduza no partido cun menor índice de erros e perdas que lle permita competir ante o bloque levantino.

O Tau Castelló derrotou nas últimas dúas citas a Gipuzkoa e Huesca a domicilio, o que proba o seu crecemento colectivo que lle permite ocupar a duodécima praza, cun balance de 6-7. Henri Wade é o máximo encestador do cadro castellonense, con 13.5 puntos por encontro, mentres que Johan van Zegeren é o seu principal reboteador, con sete capturas por enfrontamento. A capacidade encestadora na liña exterior do Castelló é a principal preocupación para Llorente na súa intención de dar a sorpresa e sumar o segundo triunfo da campaña.

O seu adestrador, TONI TEN, e un home de máxima confianza da casa, leva moitísmos anos a fronte do equipo.

1. HENRI WADE-CHATMAN Base. 1,88. 27 años. USA

Terceira tempada en España tralo seu paso por Valladolid. Gran anotador, o mellor do equipo. Bo 1 contra 1 e rango de tiro.

Estatísticas.

2. JOEY VAN ZEGEREN Pívot. 2,08. 29 años

Segunda tempada en Ouro, previamente xogara en Alemaña e Bélxica tralo seu regreso da NCAA.

É o seu referente interior, sólido no rebote con 7 capturas por encontro.

Estatísticas.

7. ROMÀ BAS Alero. 1,93. 36 años.

Achega moita experiencia, moitos anos xogando en Ouro, terceira tempada en Castelló. Bo anotador desde a longa distancia.

Estatísticas.

8. JOAN FANER Base. 1,74. 29 años

7ª tempada no equipo, xogador da confianza do adestrador. Base director e con rango de tiro. Boas mans en defensa.

Estatísticas.

9. JOSEP PUERTO Alero. 1,98. 20 años

Unha das xoias da canteira de Valencia Basket, cedido ao equipo castellonenco. Grandes condicións físicas e un tiro magnífico. Gran recordo do seu paso pola fase de ascenso a LEB Prata.

12. EDU GATELL Pívot. 2,03. 30 años

Interior con moitísima experiencia. Duro e consistente no xogo..

14. CHEMA GARCÍA Escolta. 1,92. 32 años.

Moitísimo percorrido en ligas FEB. Un exterior moi perigoso cun gran tiro de 3.

15. IGNACIO ROSA Ala-pívot. 2,04. 20 años.

Cedido por Unicaja. Xogador aberto, boa man. Fillo de Juan Rosa ex-xogador do Joventut, Xirona,..

20. BRANO DJUKANOVIC Escolta. 1,96. 24 años.

Formado na base do KK Crvena Zvezda. Terceira tempada en Ouro. Moitos puntos nas súas mans. Bo xogando o 1 contra 1 e con bo lanzamento exterior.

21. JULIO DE ASSIS Ala-pívot. 2,03. 27 años.

Xogador de condicións atléticas, zurdo que achega no rebote e en anotación.

44. JUANJO GARCÍA Ala-pívot. 2,02. 30 años.

Internacional por Dominicana. Xogador duro e intenso. Moi bo reboteador. Xogador moi eficiente.

Forzapeixe

  • CINCO INICIAL

WEB OFICIAL
FEB