Detalles

Hora Liga Día de partido
21:00 LEB ORO 10/1/2020

O Marín ENCE Peixegalego xogará este venres as 21:00 en horario unificado fronte ao equipo campión da LEB Prata o ano pasado, HLA Alacante.

Os alacantinos ocupan a 9ª posición con 8 vitorias e 8 derrotas. Trátase dun  Conxunto moi sólido, adestrado por Pedro Rivero, que esta a mostrar que a súa intelixencia na cancha e extensible aos banquiños. Estamos ante un   grandísimo equipo que aúna as mellores cualidades do xogo colectivo cunhas individualidades brutais: conta con dous  xogadores entre os 10 máximos anotadores e os 10 mellor valorados da LEB Ouro, Justin Pitts (4º) e Bamba Fall (10º), este último ademais é o terceiro máximo reboteador e o mellor taponador. Asemade Pedro Llompart é o mellor pasador da liga. Esta tripleta conforma o eixo sobre  o que xira toda a engrenaxe do xogo alacantino.

 

3. JUSTIN PITTS Base. 178 cm. 25 anos. USA.

Cumpre a sua segunda temporada  no equipo, o ano pasado puidemos vela súa calidade na Raña LEB Prata. Procedente da NCAA II onde foi un xogador que acumulou todo tipo de galardóns individuais.

Atesoura unha grandísima capacidade anotadora, é o cuarto máximo encestador da categoría. Explosivo, bo pasador, mans rápidas, un dos mellores “ladróns”… Un xogador cunha gran dimensión e cunha progresión tremenda. Será un gustazo disfrutalo de novo.

16 pts, 3 asistencias, 15 de valoración.

Estadísticas

 

4. PEP BUSQUETS Escolta. 200 cm. 20 anos.

Xogador novo cedido polo Joventut de Badalona. Internacional de canteira, xa debutou en liga Endesa e Eurocup. Pode ocupar as posicións de 2 e 3, bo tiro de longa distancia, axuda no rebote. Xoga 22 minutos, aporta 7 puntos, defensa. O de Granollers seguro que seguirá crecendo nas mans de Pedro Rivero.

Estadísticas

 

5. CHUMI ORTEGA Escolta. 188 cm. 22 anos

Un dos que sigue do ano pasado. Xogador que aporta moita enerxía, defensa,… apoiado en boas condicións físicas. Axuda no rebote e en anotación. 20 minutos avalan o seu rol no equipo con 5 pts e 4 rebotes.

Estadísticas

 

7. GUILLEM ARCOS Base / 194 cm. 19 anos

Moi novo todavía. O ano pasado viviu unha experiencia USA na Woodstock Academy. Xogador da canteira que aínda ten que adquirir experiencia e ir medrando.

Estadísticas

 

9. PEDRO LLOMPART Base. 185 cm. 37 anos.

Psúe Veteranía, calidade, coñecemento do xogo, dirección e cun artiluxio de precisión na súa boneca.

A súa traxectoria deportiva é o seu mellor aval, Pamesa, Murcia, Alacante, Zaragoza, Tenerife, Reggio Emilia,…

Outra oportunidade de gozar dun gran xogador dende a grada da Raña.

8 puntos, 6 asistencias, 11 de valoración.

Estadísticas

 

13. SERGIO MENDIOLA Pívot. 212 cm. 23 anos.

Puidemos ver como se desenvolvía o center de Elxe a temporada pasada con Real Murcia. Cedido por UCAM, tratase dun xogador moi grande, intimidador, que completa a rotación no posto de 5.

Estadísticas

 

14. NACHO DÍAZ Aleiro. 203 cm. 32 anos

O asturiano cumpre a súa terceira temporada no HLA Alacante. Home de equipo, aporta a súa experiencia, traballo e rotación.

Estadísticas

 

15. PATRICK ONWENU Ala-pívot. 198 cm. 26 anos. USA / Nigeria

Xa con experiencia en Noruega, Eslovaquia e Dinamarca chegou o ano pasado a Albacete para xogar en LEB Prata. A súa boa temporada fixo que Alacante se fixara nel para reforzar o seu plantel.

Xogador moi atlético, intenso, con capacidade para anotar.

Estadísticas

 

18. BAMBA FALL Pívote. 215 cm. 33 anos. Senegal

Impacto tremendo na liga, sobre todo cos números das primeiras xornada. Xogador zurdo, moi intimidador, con gran capacidade anotadora na pintura, móbil, perigoso no rebote ofensivo… Un dos xogadores a gozar e parar.

14 puntos, 8 rebotes e 2 tapones para 20 de valoración.

Estadísticas

 

23. DEVIN SCHMIDT Escolta. 193 cm. 25 anos USA

Outro xogador que pasou pola Raña o ano pasado protagonizou un duelo de “pistoleiros” con Jordan Gregory. Verdadeiro francotirador, capaz de crearse os seus tiros e moi perigoso na saída dos bloqueos. 11 puntos, 3.4 rebotes.

Estadísticas

 

35. ISSA THIAM Aleiro. 205 cm de altura. 23 anos. Senegal

Xogador que pasou pola Universidade de Rutgers coma o noso Shaquille Doorson. Moi físico, intenso en defensa e con capacidade para anotar. Pode ocupar as posicións de 3 e 4.

Estadísticas

 

57. ALEX GALAN Ala-pívot. 204 cm. 20 años

Xogador moi novo. Tremendo o partido que disputou o ano pasado en Marín. Grandes condiciones físicas, pode rebotear, botar o balón ao chan. 8 puntos, 4.5 rebotes e 2 asistencias.

Estadísticas

  • CINCO INICIAL

WEB OFICIAL
FEB