JAVIER LLORENTE DEIXA DE SER ADESTRADOR DO MARIN PXG

Javi Llorente deixou de ser onte adestrador do primeiro equipo do Marín Peixegalego.
O técnico deixa o pisto por motivos persoais e familiares. Llorente seguirá vencellado ao club desempeñando outras labores técnicas. O preparador leonés puxo en coñecemento da directiva a súa decisión en pasadas xornadas e notificoullo hoxe á tarde aos membros do primeiro plantel nos momentos previos ao comezo do adestramento no pavillón da Raña.
O técnico leonés leva doce anos no club, os oito últimos como adestrador principal do primeiro plantel. Neste tempo, liderou dous ascensos a LEB Ouro, un a LEB Prata e ademais dirixiu ao equipo cadete a unha final de Campionato de España.
O segundo adestrador, Diego Gómez, será o encargado de dirixir ao equipo ata o remate de temporada.
Mañá o club levará a cabo unha rolda de prensa ás 17.00 horas para analizar a situación perante os medios de comunicación.