LEYMA BASKET CORUÑA 64 – CAFES CANDELAS BREOGAN 84

LEYMA BASKET CORUÑA 64 – CAFES CANDELAS BREOGAN 84

 

A primeira semifinal da tarde poñía fronte a fronte a dous rivales ata hai uns meses da mesma competición, Leyma Coruña e Cafés Candelas Breogán.

Os lucenses impuxéronse o equipo adestrado por Gustavo Aranzana por 64-84.

Ambos equipos con moitas baixas, os laranxas sen o pivote hispano dominicano Jonathan Araújo xogando coa súa selección, Sergi Pino coa selección española de 3×3, o internacional nixeriano aínda que nado en Charlotte Braxton Ogbueze, a xa coñecida lesión de Larry Abia e a ausencia de Carlos Martínez. Por contra o que si debutaba e deixaba unha moi grata impresión foi Quinton Stephens, o 4 británico ex da prestixiosa Georgia Tech.

Polo Breogan nin Henk Norel, nin Alec Brown, Redivo, Uriz ou Kinsey. Pero si un Sergi Vidal coma sempre, enorme o Felipe dos Anjos.

Primeiro cuarto cun 17-24 para os de Natxo Lezcano, cos nomeados Vidal e sobre todo Dos Anjos que se enfrontaba a outro canarinha, Uchendu, cedido polo obradoiro, que tiña que deixar a cancha ao facerse dano nun pé.

No segundo cuarto os breoganistas seguían a mostrarse moi sólidos e a punto estiveron de romper o partido cando colocaron no electrónico un 24-43. Dous descomunais triplas, o de Illinois dáballe aire aos seus 32-43.

Paso polo vestiario da Raña e agora si que os celestes rachaban o partido coa aparición de outros xogadores que aportaban a maiores de Vidal e Dos Anjos. Lofberg, Cvetovic  e Cristián Díaz acadaban dobles díxitos de anotación.

No de Aranzana e Uzal, Stephens deixaba moi boas impresións, 15 puntos e 9 rebotes nese intre. A pesares diso, 41-70 no marcador.

O cuarto foi un trámite, no que Vidal demostrou todo o que pode aportar a este equipo, a potencialidade de Dos Anjos e polo coruñeses as grandisimas impresións de Stephens, Louissant e Tyler.

ESTADISTICAS