Detalles

Hora Liga Día de partido
20:00 LEB ORO 28/12/2019

O Marín ENCE Peixegalego despide mañá (20.00 horas, A Raña) o ano co seu partido contra o Liberbank Oviedo.

Javier Llorente poderá disponer de tódolos seus efectivos para medirse a un adversario que se atopa con problemas na clasificación. O adestrador leonés confía en poder recuperar a Filip Toncinic, que onte se reincorporou ao colectivo despois de superar unha microrrotura muscular que lle impediu disputar o partido da semana anterior contra o Tau Castellò. O bloque de Marín afronta esta cita cunha ilusión renovada grazas ao triunfo obtido á beira do Mediterráneo, o pasado venres.

O cadro azul intentará impoñer o seu ritmo de xogo para superar a un adversario que realizou algúns trocos no plantel nos últimos tempos para superar as dificultades clasificatorias polas que atravesa.

Durante os primeiros dous meses de competición producíronse as baixas de Tre Coggins e Gunnar Ólafsson, mentres que o club incorporou ao escolta Davis Geks e ao base Jorge Sanz, un clásico da LEB Oro. O lituano Rolandas Jaktas e Alejandro Reyes son os claros referentes da escadra aasturiana, máximos encestadores e homes máis valorados do colectivo. A vitoria contra o Granada (82-81) de hai tres xornadas foi o último éxito conseguido polo colectivo dirixido polo porriñés Javi Rodríguez.

Para este encontro, a directiva do Peixegalego invitou a clubes do entorno para despedir o ano desde as bancadas da Raña coa fin de que poidan axudar ao equipo marinense no seu obxectivo de acadar a terceira vitoria do curso.

No caso de obter o triunfo, o Peixegalego volvería meterse de cheo na batalla pola permanencia. Ese feito e a ilusión xerada pola vitoria contra o Castellò son dous acicates que alimentan ao plantel, que subiu o nivel da calidade dos adestramentos nas últimas semanas.

Equipo adestrado polo gran base porriñés Javi Rodríguez, que leva xa varios anos no banquillo ovetense, primeiro como axudante e agora coma primeiro adestrador.

Roster:

6. Jorge Sanz Base. 188 cm. 26 años

Base con moi boas condicións físicas. Pasador e director.

Estadísticas

7. David Geks Escolta. 193 cm. 24 años. Letonia.

Regresa o exterior letón que xa militara en Oviedo. Fichado tralo corte de Coggins e Olafson. Magnífico tirador e bo defensor.

En 4 partidos promedia 13 pts con boas porcentaxes, 2 asistencias.

Estadísticas

8. Alex Reyes Aleiro. 202 cm. 26 años.

Moi boas condicións físicas. Moi anotador, sobre todo unha gran man e moita capacidade reboteadora. Chega ao equipo para ser moi importante como atesouran os seus números, 13,5 pts e 7,6 rebotes, 15 de valoración.

Estadísticas

9. Víctor Pérez Aleiro. 195 cm. 37 anos

Moitísima experiencia, xogador cunha boneca privilexiada.

Estadísticas

10. Matti Nuutinen Aleiro. 202 cm. 29 anos. Finlandia

Internacional pola puxante selección de Finlandia. Tirador letal, porcentaxes do 60% en tiros de campo e un seguro desde a liña de 3. Pode xogar ocupar a posición de catro sen problemas. 10 puntos, 4 rebotes, 11 de valoración. Sólido.

Estadísticas

11. Sergio Llorente Base. 184 cm. 29 años.

Formado nas categorías inferiores de Estudantes e Real Madrid. Experiencia en Ouro e ACB. Base con capacidade anotadora. Case 6 asistencias por encontro.

Estadísticas

12. Oliver Arteaga Pívot. 207 cm. 36 anos

Moitísima experiencia e coñecemento en ligas FEB. O referente interior de Oviedo. Gusta de xogar en posicións próximas ao aro. 9 pts e 5 rebotes,

Estadísticas

14. Rolandas Jakstas Pívot. 202 cm. 27 anos. Lituania

Segunda tempada en Oviedo para o xogador báltico, que suma ademais a experiencia de 3 anos en Cáceres. Bo físico e con capacidade de botar o balón ao chan, moi hábil pasando e moi bo na selección dos seus tiros. Xogador moi eficiente con case 14 pts e un 50% en tiros de campo, case 2 asistencias e 4 rebotes para 15 de valoración. Un dos xogadores a seguir.

Estadísticas

15. Devin Wright Ala-pívot. 200 cm de altura. 33 anos

Xogador moi duro e intenso que completa o xogo interior. Moi bo defensor. Anota desde posicións próximas. 6 pts e 5 rebotes. Xogador cun rol e que calqueira adestrador querría no seu equipo.

Estadísticas

16. Alejandro Rodríguez Escolta. 192 cm. 21 años. Oviedo

Zurdo, moi bo tirador.

Estadísticas

 

17. José Antonio Blazquez Alero. 199 cm. 22 años

Xogador moi traballador que ofrece rotación de calidade.

Estadísticas

Forzapeixe

  • CINCO INICIAL

WEB OFICIAL
FEB