BENVIDO ZACH MONAGHAN

o agardado Zachary Michael “Zach” Monaghan (29 anos) chega mañá para incorporarse as filas do Mundioma Marin Peixegalego trás finalizar os trámites do seu papeleo.

O Escolta de Illinois destaca pola súa capacidade anotadora e unhas excelentes condicións físicas, avaliados pola longuísima traxectoria na liga LEB Ouro, 6 temporadas nas filas do Basquet Coruña, nas que foi un referente.

Ainda que a de 2 é a sua posición natural, pode ocupar a posición de base, ten unha gran capacidade para o pase. Xogador que tivemos a oportunidade de sufrir e disfrutar na Raña en moitas ocasións tanto en copa Galicia coma LEB Ouro.

MonaghaN completou o seu ciclo unversitario pasando polas universidades de South Dakota State, e a Universidade de Minnesota State-Mankato, destacando destacou con promedios de 15 puntos e 8 asistencias e sendo elixido integrante do Mellor Quinteto da súa conferencia.

Debutou como profesional na liga LEB Oro en Basquet Coruña na tempada 2015/16 causando un gran impacto. Tras un breve paso pola liga Belga nas filas do Limburg (17/18) e a liga búlgara (19-20) sempre militou no equipo herculino.

Benvido Zach!!!