SENIOR FEMENINO
LA HUERTA DE LA ABUELA MARIN PXG

Dobre xornada para o senior feminino nesta fase da copa Premium. Repiten fronte ao equipo do Taboadela do Clube de Baloncesto Pabellón este venres as 20.45. Na xornada de ida as de Sheila impuséronse por 36-48.

O vindeiro domingo as 19.00  o compromiso será ante o Inmaculada, que se saldou con duas derrotas na primeira fase da competición en novembro do 2021.

HUERTA
JUNIOR MASCULINO
ALTER SAUDE MARIN PXG

Tras ser capaces de conxurar a derrota sufrida na casa e o average ante o potente equipo de Xuven Cambados, os de Iñaki visitan ao CB Meco, equipo que nos infrinxiu a única derrota na primeira fase da competición cun enorme acero dende a liña de 3 puntos.  

ALTER SAUDE D
CADETE MASCULINO AUTONÓMICO
OPTICA CAMPELO MARIN PXG

Terceiro envite para os cadetes despois das duas primeiras xornadas ante o EDO Blanco Amor, saldadas de xeito dispar, victoria na Raña e derrota en Ourense en dous partidos tremendamente igualados.

Agora o rival que nos visita e o intenso equipo de Betanzos, que foi quen de impoñerse a Obradoiro e que pasou coma terceiro clasificado do grupo Norte. Partido importante para o devenir do grupo.

campelo
CADETE MASCULINO 07
TRANSPORTES INTEGRALES FLAX MARIN PXG

Con paso firme empezou o  equipo cadete que dirixe Dramell Hogan que nesta xornada ten unha cita no Novo Monte da Vila  ante o CB Meco.

5 vitorias atá o momento que os sitúan na cabeza da calificación xunto a Conservas de Cambados.

flax
INFANTIL FEMENINO
VEPERSA MARIN PXG

As peixiñas xogan fronte ao Termas de Cuntis este sabado as 16. Un bó comenzo nesta segunda fase da competición con duas vitorias nas primeiras xornadas.

INFANTIL MASCULINO
MANHATTAN CAFÉ MARIN PXG

Do mesmo xeito o infantil masculino escomenzou levándose os dous primeiros encontros do  seu grupo. 

O sábado nos Sauces xogarán co   Boa Vila Basket, co que xa se enfrontaron na primeira fase desta categoría, gañando en Marín e perdendo como visitante.

MINI AUTONÓMICO
TAPERIA EL CORTIJO MARIN PXG

Xornada de descanso para os mini, coa boa nova da convocatoria de Thiago Gastañaduy para as xornadas de harmonización da federación galega.

Tres triunfos nas tres primeiras xornadas neste grupo  A-2.

PREMINI MIXTO
MERCA EN MARIN MARIN EN REDE PXG

@s pezqueñin@s  seguen navegando neste grupo 03, mellorando e disfrutando da man do noso base Jacobo de Benito.

Duas vitorias nestas 3 xornadas nas que nunha tocoulle descansar.

19
MAR
MUNDIOMA MARIN ENCE PXG vs CB LA FLECHA
19 MaR 2022, 20:00 PM
Pav A Raña
Tus datos