CHEGA O LECLERC CAJA RURAL

PARTIDO PATROCINADO EN EXCLUSIVA POR MUNDIOMA
Unha nova xornada, a sexta xa de esta liga EBA, onde o MARIN ENCE PEIXEGALEGO tentará de seguir a senda retomada en Segovia.

Recibimos a outro dos chamados a estar arriba ao final de de a competición, LECLERC CAJA RURAL RDL, de León. Terceiro clasificado da categoría, cun balance de 4 vitorias e tan só 1 derrota, ante Porriño por tan só 1 punto. Datos que apuntan a solidez deste conxunto.

Esta tempada produciuse un cambio na dirección do equipo coa chegada de ÁLVARO SOMOVILLA, segundo adestrador en Navarra estes últimos anos.

Un quinteto inicial moi potente cimenta o xogo do CB Reino de León. Os seus xogadores franquía son os seus interiores, o catro croata DEMIAN BALASKO e o pivote SERGIO MARTÍNEZ.

BALASKO, debutante en España esta tempada, chega do KK Zabok. Achega 17 puntos 10 rebotes e 23 de valoración. Definido polo seu adestrador como un xogador completo, atlético con moita enerxía e rebote ademais de talento en ataque. Destaca a súa porcentaxe do 90% en tiros libres, o mellor da competición por diante de Jacobo de Benito e que fan do balcánico un mal candidato para envialo á linea do 4,60.

SERGIO MARTÍNEZ xogador moi importante en León estes últimos anos e un dos referentes interiores da categoría. Desde os seus 208 cm traslada 14 puntos, 10 rebotes e 22 de valoración ao apartado estatístico.

O capitán e outro elemento crave é o aleiro rioxano MIGUEL DOMÍNGUEZ. os seus 33 minutos en cancha, o xogador mais empregado polo seu adestrador, avalan esta condición ademas da súa produción con case 14 puntos, 5 rebotes.

Outro aleiro, o leonés RAUL FERNÁNDEZ é outro dos destacables cos seus 13.6 pts de media e as súas altas porcentaxes en tiros de 3 e de 2.

O canteirán JAIME LLAMAS continua crecendo e completa un quinteto moi anotador con 12 puntos e 5 rebotes dende o posto de 3.

Desde o banco o equipo esta moi ben secundado por Lopez, Arija e o resto de compoñentes do equipo.

Estadísticas

#forzapeixe

#JugadorPosiciónAltura
ENTAlvaro Somovilla-
1croDemian BalaskoAla Pivot198
4espEnrique Florezbase176
5espLuis Carlos de Casobase170
7espMarcos PerezAlero194
8espJavier LopezEscolta190
9espJaime LlamasAlero197
10espDavid ArijaEscolta192
11espRaúl FernandezEscolta190
12espMiguel DominguezAlero197
13espAlex MarcosAla Pivot195
14espPablo FernandezAla Pivot197
15espSergio MartinezPívot208