COMUNICADO MARIN PXG

O Marin Peixegalego xogará este vindeiro sabado o seu primeiro partido na casa.

Por mor da ocupación da Raña con outro evento deportivo o encontro terá lugar no Pavillón do Sequelo.

O acceso do público as instalacións deportivas, ven marcada polo protocolo de prevención ante o COVID-19 determinado polas autoridades competentes.

A limitación de aforo e o rexistro previo e obrigatorio. Publicarase nas redes do club un enlace exclusivo para os SOCIOS para rexistrarse de forma INDIVIDUAL (un mesmo socio pode rexistrar aos membros do seu abono familiar, pero terá que facelo de xeito indidual indicando nome e apelidos de quen fará uso da entrada).

O enlace para este encontro ante Culleredo, publicarase ao longo de mañá mércores.

O acceso as entradas sera por riguroso orde de rexistro ata cubrir as prazas de aforo.

Dende o clube se compensará aos socios cun desconto no abono da vindeira temporada ou con outro tipo de agasallo.

No momento en que finalicen as restricións de aforo/asistencia, poderase acceder con QR de abonado.

Rogamos e agradecemos a vosa comprensión e colaboración ante esta situación tan excepcional que estamos a vivir. Estamos convencidos que co vosa solidaridade e a vosa axuda poderemos levar adiante esta temporada.

#Forzapeixe

#Forzapeixe