CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA vs MUNDIOMA MARIN ENCE PEIXEGALEGO
Cuarta xornada da liga EBA ante un clásico da categoría e un dos grandes aspirantes a estar arriba no remate da tempada, CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA, actual primeiro clasificado e un dos 3 equipos que aínda permanecen invictos.
MUNDIOMA MARIN ENCE PEIXEGALEGO vs CIRCULO GIJON BALONCESTO
Xornada de gran baloncesto a que nos agarda na Raña este vindeiro sábado, todo un clásico e un dos máximos aspirantes,
CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA vs MUNDIOMA MARIN ENCE PEIXEGALEGO
Cuarta xornada da liga EBA ante un clásico da categoría e un dos grandes aspirantes a estar arriba no remate da tempada, CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA, actual primeiro clasificado e un dos 3 equipos que aínda permanecen invictos.
3 vitorias ante Chantada, Obradoiro e Culleredo que avalan o seu bo momento.
Equipo que conta coa base do ano anterior e adestrados de novo por Luis Castillo. Un equipo con moito potencial anotador, é o que mais anota con case 93 puntos por encontro, encaixando 73 en contra.
O plantel dos asturianos esta formado por:
1. Eluku A-Nongo Pivot
O interior Congolés formado en Obradoiro, onde militou ata a pasada campaña, aporta na rotación interior o seu poderío físico e a sua intimidación.
3. Pablo Cabañeros Base
Canteirán, formado en colexio Leonés. Xoga por cuarta tempada no equipo e aportando rotación ao conxunto.
4. Roger Fábrega Base
Xogador moi novo formado nas categorías inferiores do FC Barcelona, onde xogou na 22/23 no seu equipo de EBA. Sen dúbida unha das sensacións do equipo atá o momento, asumindo 17 minutos de xogo, 9 puntos con excelentes porcentaxes, 6 rebotes e 5 aisitencias para 21 no apartado de eficiencia. Un dos xogadores a seguir.
8. Miguel Domínguez Aleiro
Un dos referentes na pista, 7 tempodas. Intenso, duro, con capacidade de o campo coas suas rachas de tiro dende a longa distancia. 20 minutos e 17 puntos por partido.
10. Diego Bultó Escolta
Canteirán, cuarta tempada. 25 minutos de xogo sumando 10 puntos, rebotes 4 e 5 asistencias por partido .
11. Fede Copes Aleiro
O ex de platense, internacional de canteira xoga por terceiro ano en León, sendo un xogador capital. Enorme lanzador de 3. 21 minutos, 16 puntos e 5 rebotes.
15. Sergio Martínez Pivot
Retorno a León do seu referente interior durante moitas campañas, 8 na cidade, e 12 en ligas FEB. Rebote e capacidade anotadora, atrevéndose incluso coa longa distancia. 26 minutos, 12 puntos e 7 rebotes.
22. Oscar González Ala-pívot
4 temporada para o interior formado en Torrelavega, con paso 2 anos por junior college. Xogador importante no traballo defensivo, intensidade e rebote. 22 minutos, 8 puntos e 5 capturas. Capaz de xogar de 3.
24. Miki Botas Base
Xogador moi novo, 2005, formado no Oviedo e que chega ao equipo previo paso por Oak Hill Academy.
33. Rodrigo Llamas Escolta
Xogador moi importante, canteirán 5 anos que leva no equipo en dinámica EBA. Gran impacto no xogo, 25 minutos, 14 puntos con excelentes porcentaxes e 4 rebotes.
Saida compricadísima ante un dos galos da liga EBA.
CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA
# | Jugador | Altura |
---|---|---|
1 | ELUKU A-NONGO | 204 |
3 | PABLO CABAÑEROS | 175 |
7 | ROGER FABREGA | 182 |
8 | MIGUEL DOMÍNGUEZ | 197 |
10 | DIEGO BULTÓ | 188 |
11 | FEDE COPES | 199 |
15 | SERGIO MARTINEZ | 208 |
22 | OSCAR GONZALEZ | 195 |
29 | MIKI BOTAS | 192 |
33 | RODRIGO LLAMAS | 191 |
Nombre | Trabajo |
---|---|
Luis Castillo | Ent |