MARÍN ENCE PxG vs USAL LA ANTIGUA

Este vindeiro sábado as 20.00  e trala modificación do aforo agardamos con moita ilusión voltar a sentirnos arropado pola nosa xente, e con moitísimas gañas de disfrutar de novo na Raña.

PARTIDO PATROCINADO EN EXCLUSIVA POR MUNDIOMA

Este vindeiro sábado as 20.00  e trala modificación do aforo agardamos con moita ilusión voltar a sentirnos arropado pola nosa xente, e con moitísimas gañas de disfrutar de novo na Raña.

@s soci@s e os xogador@s do club poderán acceder para empurrar a os nosos peixiños ante un dos grandes aspirantes a facerse co título de este grupo, USAL LA ANTIGUA (CB Tormes), un equipo que a pasada temporada xogou a Fase de Ascenso a LEB Plata e a piques estivo de acadar esta categoría.

Para os NON SOCIOS a entrada terá un custo de 6 euros e pode acadarse a traves do enlace COMPRA ENTRADAS.

Os de Oscar Núñez basean a sua solidez no conxunto que o levou ao éxito na campaña 20/21 adecuadamente reforzardo. Para este encontro ademais poderán contar con xogadores importantes que non puideron estar nas primeiras xornadas.

O máximo anotador do equipo é o norteamericano con pasaporte nixeriano Rob Ukawuba. Escolta con grandes condicións físicas con experiencia en LEB Plata. 20,6 pts por partido de promedio , 6 rebotes e altos porcentaxes en tiros de campo.

O camerunés NelsonYengue, renovou despois dunha gran campaña, o ex da Universidade de Laurentian foi un dos seus xogadores mais sólidos na 20/21 con, 13 pts, 7 rebotes.

Outra renovación de campanillas e a do aleiro Kupaa Harrison, o ex de Hawai at Hilo da Ncaa 2 é un xogador moi versátil, capaz de ocupar atá 4 posicións na cancha. Puido xogar xa a semana pasada, destacando con 19 puntos en 19 minutos e porcentaxes moi altos de tiro.

Outra peza importante é o ex de Gran Canaria e Real Madrid, Lang-Acoydan Mc-Carthy. Moi novo todavía, pero moi importante, de feito é o segundo xogador mais utilizado ata o de agora.  Perigoso en extremo no xogo aberto.  9 puntos con porcentaxes por enriba do 50%.

No xogo interior César Yáñez (205 cm) é  un xogador chave, o segundo xogador con mais valoración, promedia  7 puntos e 7 rebotes.

Na director de operacións  chegou da LEB Prata Ángel Moro. O base de 27 anos, xoga case 24 minutos e aporta 4 asistencias.

O plantel esta moi ben armado e secundado por De la Calle, Moreta, Moránno xogo exterior e polos alapivots Morales e o turcoErkam Kiris.

ESTADISTICAS

Vos agardamos na Raña!!!

#forzapeixe

USAL LA ANTIGUA

#JugadorPosición
ENTOSCAR NUÑEZ
1cmrNELSON YENGUEAlero
5espANGEL MORObase
6espANTONIO MORALESAla Pivot
8espCESAR YANEZPívot
11espPEDRO DE LA CALLEEscolta
18espSERGIO MORETAEscolta
22espACOYDAN MC-CARTHYEscolta
23turERKAM KIRISAla Pivot
25usangaROBERT UKAWUBAEscolta
26espJORGE MORANAlero
49espJORGE BEJARANO
50usaKUPAA HARRISONAlero