MUNDIOMA ENCE PXG vs GIJÓN

PARTIDO PATROCINADO EN EXCLUSIVA POR MUNDIOMA
Xornada 22 , MUNDIOMA MARIN ENCE PEIXEGALEGO  enfrontase ao  Corinto Gijón basket.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Partido fronte ao Corinto Gijon Basket, un equipo que ven en traxectoria ascendente e que convive moi perto de nós na clasificación. Record de 8V-11D polas 9V-10 dos nosos, a pesares de que ainda hai partidos pendentes polas suspensións debidas a incidencia dos casos COVID.

Un partido crucial para ámbolos dous contendentes para empezar a consolidar posicións nesta fase da temporada e acomodarse na parte mais tranquila da taboa. Ademais da vitoria o average será outro elemento a poñer en valor dada a igualdade que se esta a mostrar na zona media desta liga EBA.

Un encontro que sen dúbida estará condicionado polas tráxicas circunstancias do naufraxio do Villa de Pitanxo e dos sentimentos que despertan na nosa comunidade. Todo o noso respeto e o noso agarimo coas victimas e as súas familias acompañarannos no noso corazón, no minuto de silencio e durante o partido nos crespóns negros que lucirán os xogadores na pista, asi como a maioria dos equipos da base.

No plano deportivo hai que  recuperar sensacións e efectivos importantes ausentes nas derradeiras xornadas. En fronte teremos un equipo sólido e reforzado, dirixido por Vicente Álvarez que sustituiu a Fran Sánchez a comenzos de temproada, e que trocou a dinámica do conxunto asturiano.

Os pilares dos de vermello o conforman, Fernando Fernández Noval hiperexperimetado xogador en todalas categorias FEB, ademais de  Italia e a Naia  estadounidanse ( Universidade de Hannibal-La Grange en Missouri). Promedios de 15 puntos, 6 rebotes e 16 de valoración.

O ex-peixiño Mateo Sánchez e un dos seus referentes ofensivos, gran tirador, 11,5 puntos e 5 rebotes.  Carlos Suarez e o  seu xogador mais empregado, con case 33 minutos sobre a pista. 11 puntos e 3 rebotes.

O veterano Diego Sánchez (1975) e outro xogador cunha enorme experiencia e coñecemento do xogo e das competicións FEB. 7 puntos e 5 rebotes.

O belga Benjamin Janssens, a pasada temporada en Ávila aporta consistencia interior e rebote, 6 de media. X

O equipo reforzouse na dirección de xogo e no posto de center coas chegadas do base Alberto Aleman  cunha aportación case inmediata. O ex de Chantada entre outros, mostra numeros de 8,5 puntos, 3,5 asistencias e 10 de valoracion.  E no mesmo senso o 5 grego Giorgios Tsimidis,  pivot de 23 años e 2,06 cm  con 12 puntos e 4 rebotes.

O partido será este sábado as 20:00.

#Forzapeixe

CORINTO GIJON BASKET

#JugadorPosiciónAltura
EntespVicente Alvarez-
3espSantiago FernandezAlero195
4espFernando FernandezAla Pivot201
5espDiego SanchezAlero198
7sweDimitrios Agathangelidisbase185
7espAlberto Alemanbase178
10espCarlos SuarezEscolta186
11espAntonio Perez-CampoamorAla Pivot197
13greGiorgos TsimidisPívot206
16espMiguel GonzalezAlero195
22belBenjamin JanssensAla Pivot195
30espMarcos Lagobase175
33espDiego GonzalezPívot200
41espIago Fernandezbase180
77espMateo SanchezEscolta193