MUNDIOMA ENCE PXG vs PORRIÑO

Este vindeiro sábado na Raña teremos a oportunidade de vivir un derbi provincial ante os nosos amigos de PORRIÑO BASKET BASE, un club referente no basket galego cunha longuísima historia.

Un día para disfrutar do baloncesto pontevedrés cando xa ambos equipos atopanse nunha situación de “calma chicha” na clasificación.

 

Este vindeiro sábado na Raña teremos a oportunidade de vivir un derbi provincial ante os nosos amigos de PORRIÑO BASKET BASE, un club referente no basket galego cunha longuísima historia.

Un día para disfrutar do baloncesto pontevedrés cando xa ambos equipos atopanse nunha situación de “calma chicha” na clasificación.

O conxunto que dirixe JENARO ALONSO é un equipo cun poderoso xogo exterior e que non poderá contar co seu xogador mais importante, LUCAS VAQUERO, un verdadeira pena de non poder disfrutar na cancha do veteran ex-Xuven Cambados co que tantas veces nos enfrontamos na cancha. Nesta temporada en 21 encontros 12,4 puntos, 5 rebotes e 2 asistencias en 28 minutos de xogo. Os números reflicten o seu rol na cancha.

A pesares da falta do base/escolta porriñés o equipo para nada esta orfo de talento. Na liña exterior conta co talento de IKER BESADA (10 pts, 3 asistencias e 11 de valoración), o ex-prata JAVIER CARDITO que calca practicamente os promedios do seu compañeiro. E moi a destacar o crecemento de MANU VARELA, formado na nosa canteira e que cumpre a terceira temporada no clube Porriñés. 10 pts, casi 4 rebotes e 7 de eficiencia.

O ala-pivot JAVI DOMINGUEZ e a referencia interior. Xogador que tamben pasou polas filas do Peixegalego na súa etapa junior e na EBA 12/13, compartindo camiseta con Joseba ARAMBURU e PABLO GONZÁLEZ. 11 pts y 6.4 rebotes. No xogo interior esta secundado por JOEL MARTINEZ.

A destacar tambén a aportación de IÑIGO GONZALEZ e TERRY BARDASZ recentemente convocado pola U17 de Venezuela.

Vos agardamos na Raña para vivir un partido trepidante que no encontro de ida resolveuse no tempo extra (87-89)

#Forzapeixe

PORRIÑO BB

#JugadorPosiciónEdadAltura
EntJenaro Alonso0-
00Terry BardaszAlero18190
0HAILE APARICIO RODRÍGUEZ0-
2MARTIÑO PAZÓ GIMÉNEZ0-
5Javier DominguezAla Pivot28199
6MAURO LAMAS REGUERA0-
7ALBERTE CASTRO ALCALDE0-
8Lucas Vaquerobase32185
8DÁNIEL ROLDÓS VIDAL0-
10Iker Besadabase26180
11Daniel GarciaPívot27207
12Javier Carditobase28175
13GERMÁN GONZÁLEZ DI PROSPERO0-
15Iñigo GonzalezAlero21194
16Mourtala Ka FallPívot18203
21ADRIÁN PUENTE ACUÑA0-
22MATEO SAETA LOUREIRO0-
24Manuel VarelaEscolta20182
30MARCO SANROMÁN GARRIDO0-
31Jens KjaersgaardAlero20186
32Oscar RodriguezPívot22200
34Joel MartinezPívot19203
35DANIEL TANIS CAMACHO MOYANO0-
5€
PXG vs PORRIÑO
lIga EBA
a Raña, marín
2 Abr 2020, 20:00
COMPRAR