UCOGA SEGUROS C.B. CHANTADA vs MUNDIOMA MARÍN ENCE PEIXEGALEGO

Clásico da categoría, a sempre compricada visita a Chantada, un equipo que dominou con man de ferro na tempada pasada neste grupo.

UCOGA SEGUROS C.B. CHANTADA vs MUNDIOMA MARÍN ENCE PEIXEGALEGO

 

Un  clásico da categoría o que supón unha sempre compricada visita a Chantada,  equipo que dominou con man de ferro a tempada pasada neste grupo, acadando ao igual que nos a fase de ascenso a LEB Prata.

 

Despois de empezar a liga con duas derrotas ante dous mihuras como son CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA e XOBORG LA ANTIGUA CBTORMES, os de Alberto Fafian atoparon a tecla e chegan a este choque con 3 vitorias consecutivas. Un adestrador que coñece perfectamente a categoría, moitísimos anos nela competindo a alto nivel, cun plantel que coñece perfectamente e que mantén a columna vertebral do equipo liderada, como non, polo noso, tamén Carlos Noguerol.

 

Un encontro moi determinante para confirmar a senda das vitorias tras o gran partido ante os de Salamanca e manternos na parte alta da taboa.

 

O Chantadino manten un promedio de anotación de 73,6 puntos, encaixando 65,8 con porcentaxes do 52% en tiros de 2, 29% en tiros de 3. Destaca no rebote con 40 rechaces por partido e   moi solidario no xogo con 17 asistencias por partido.

 

O “roster”  dos lugueses esta formado por:

 

1. Jaime Fernández Escolta 184 cm

Formado nas categorías inferiores do Real Canóe e Fuenlabrada. Fichado este ano, con experiencia en Italia e Irlanda. Só puido xogar dous partidos por estar mancado. Pero en 20 minutos de xogo está aportando 14 puntos con porcentaxes do 50% en tiros de 2 e 3.

 

6. Pablo Díaz Base 175 cm

Formado nas filas de Ensino Lugo. Xogador todavía en formación, xeración 2005.

 

6. Aarón Gómez Escolta 184 cm

2ª campaña en Chantada para o exterior que cumprirá así a sua 6ª temporada na liga. Xogador moi potente, seguro dende a liña de 3. Moi importante na rotación Fafián avalado polos 20 minutos de xogo, 6 puntos e 4 rebotes por partido.

 

8. Walter González Base 179 cm

Debuta na liga nesta 23/24. Completa a rotación exterior.

 

9. Anxo Casais Aleiro 192 cm

Outra aposta de fututo. Primeiro ano senior, Xeración 2005. Paso previo por Leyma Coruña, Obradoiro e Rosalia. Nesta tempada de estreo na categoría xa acumula 20 minutos por partido.

 

15. Manuel Ruano Ala-pívot 200 cm

Nesta valente liña marcada esta tempada de renovación e aposta polo futuro, o interior Lugués é unha peza mais. Do ano 2005 tamén,  importante na rotación interior. Rocoso, moi bó no rebote tanto defensivo como ofensivo, gañandose cada minuto na pista coa sua intensidade e a sua loita. 27 minutos, 7 puntos, 6 rebotes.

 

19. Carlos Noguerol Base 183 cm

o Playmaker chantadino é o santo e seña do equipo. Co rol de líder sobre a cancha, é un xogador determinante na categoría. Intenso, gran competidor ademáis dunha longa experiencia acumulada en ligas FEB (LEB Ouro, Prata e EBA) en constante crecemento atá chegar a ser o gran xogador no que se convertiu. Un xogador sentido como noso e Marín. 35 minutos, 15 puntos, 5 rebotes, 7 asistencias, 3 balones robados parra 19 de valoración.

 

22. Adriá Trouvé Aleiro 195 cm

Formado nas filas do Vendrell. Primeiro ano en Chantada tras dous anos na EBA en CB Basquet Valls. Impacto inmediato  do seu xogo no equipo. Moi completo, boas condicións físicas. 33 minutos, 16 puntos, 8 rebotes, 4 balones robados. 20 de valoración.

 

33. Cristian Iglesias Ala pívot 200 cm

Parte da columna vertebral do equipo, a sua sexta temporada en casa Chantada o avala. Capacidade de abrir o campo e rebote. 30 minutos 10 puntos, 8 rebotes 13 de valoración

 

68. Alberto Díaz Pívot 208 cm

Center clásico, formado nas categorías inferiores de Obradoiro. Xogador corpulento, ten puntos de espalda o aro, perigoso no rebote ofensivo. 23 minutos, 14 puntos e 7 rebotes.

UCOGA SEGUROS C.B. CHANTADA

#JugadorPosiciónAltura
2espAdriá TrouvéAlero195
2espPablo Díazbase175
5espAaron GomezEscolta184
8espCarlos Noguerolbase182
8espWalter Gonzálezbase179
9espAnxo CasaisAlero192
10espJaime FernándezEscolta184
11espAlberto DiazPívot208
13espAlain VázquezEscolta181
15espManuel RuanoAla Pivot200
33espChristian IglesiasAla Pivot200
NombreTrabajo
Alberto FafiánEnt