MUNDIOMA MARIN ENCE PEIXEGALEGO vs XOBORG LA ANTIGUA CBTORMES

Tras 2 derrotas consecutivas ante 2 dos favoritos para estar nos postos de arriba neste grupo AB da liga EBA, chega esta 5º xornada co mais difícil todavía, a visita A Raña do posiblemente o equipo mais forte, o CB Tormes

MUNDIOMA MARIN ENCE PEIXEGALEGO vs XOBORG LA ANTIGUA CBTORMES

 

Tras 2 derrotas consecutivas ante 2 dos favoritos para estar nos postos de arriba neste grupo AB da liga EBA, chega esta 5º xornada co mais difícil todavía, a visita A Raña do posiblemente o equipo mais forte, o CB Tormes, que a tempada pasada xogou na LEB Prata, e que construiu un conxunto para voltar a 3ª das ligas FEB o mais axiña posible. Xunto a CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA son os 2 equipos que todavía permanecen invictos e que comparten o primeiro posto.

 

Polo tanto un partido no que o voso apoio na Raña será moi necesario para empurrar aos nosos ante este reto.

 

Os charros contan cun novo adestrador, Borja San Miguel que sustitue a Oscar Nuñez que deixa o banco para pasar as labouras de director deportivo do Clube. San Miguel conta cunha ampla experiencia que abarca dende a EBA ata Alemania (ProA e NBBL) pasando por Austria, LF Challenge.

 

Equipo cun promedio de anotación de 81 puntos, encaixando 23 con 47% en tiros de 2, 31% en tiros de 3. 33 rebotes e 17 asistencias por partido.

 

4 vitorias ante Bosco, Chantada, Obradoiro e Culleredo.

 

O plantel:

 

1. Kessly Felizor Ala-pívot 201 cm

O ex da universidad de New Haven, con dobre nacionalidade USA/Haití cumpre a sua terceita campaña en España, a primeira en EBA, destacando en Cantbasket o que o levou a Zornotza e a unha categoría superior coma é a LEB Prata.

Chamado a ser un referente interior, o de New Jersey, destaca pola sua versatilidade, 1 contra 1, xogos de costas e capacidade de abrilo campo. 12 puntos con porcentaxes por riba de 50% e 6 rebotes.

 

4. David Paniagua Aleiro 197 cm

O exterior formado en Valladolid a pesares de ser moi novo, xoga por sexta tempada na categoría. 3 anos na Flecha e o pasada curso en Palencia no GRUPO INMAPA FILIPENSES onde fixo unha magnifica temporada. Importante no equipo acumulando 26 minutos de xogo, o segundo xogador do equipo nese apartado aportando defensa e ameaza exterior. 8 puntos e case 3 rebotes. Pode ocupar a posición de escolta.

 

6. Albert Garrido Base 188 cm

Formado nas categorías inferiores do Joventut de Badalona, garantía da sua calidade a pesares de que é ainda moi novo, xeración 2005. Foi internacional de canteira. A pesares da sua xuventude aporta 20 minutos de xogo, 5 puntos.

 

8. Cesar Yañez

O santo e seña do equipo, estes anos como capitán e cun peso indubidable dentro e fora da pista. 9 tempada no equipo, en EBA e Prata na pista. Referente interior no posto de center. 10 puntos con moi boas porcentaxes, 5 rebotes en 18 minutos de xogo.

 

9. Hannibal Salomon Aleiro 195 cm

O Dinamarqués chegado do basketball Club Copenhagen, onde foi un xogador importante, destaca pola sua polivalencia, sumando nos dous lados da cancha e capaz de ocupar a posición de 3 e 4.

24 minutos de xogo sumando 12 puntos, 2 rebotes por partido .

 

11. Ayo Akinwole Base 182 cm

Tempada de debut para o combo de Nebraska, ex NCAA nos Omaha Mavericks e Drake Bulldogs. Ocupa ficha cotonou ao ter dobre pasaporte USA/Nixeria. Ameaza exterior, velocidade, 1 contra 1…

Impacto inmediato no equipo, sendo o xogador que mais xoga con 27 minutos de xogo, 13 puntos, 4 rebotes, 3 asistencias para 15 de eficiencia.

 

13. Juan Galloso Base

O xogador onubense aporta rotación e traballo para o conxunto no posto de base. Experiencia en primeira nacional con Lepe y Plasencia.

 

22. Acoydan McCarthy Escolta 195 cm

O canario, internacional en categorías inferiores, a pesares da sua xuventude é un dos pilares, terceita campaña no clube charro, sendo un xogador moi importante. Polivalente, cunha gran capacidade e despregue físico para a categoría que aporta moitos intanxibles,

24 minutos, 7 puntos e 4 rebotes.

 

24. Álvaro Sánchez Aleiro 194 cm

Xogador ainda en periodo de formación, canteirán do CB Tormes, cun breve paso por UCAM Murcia. Moito potencial , defensa e boas condicións físicas.

 

44. Mark Hetor Ala-pívot 197 cm

Formado nas categorías inferiores de ABQ Calahorra. 6ª temporada en EBA con moitos equipos percorridos, Lugo, Santurtzi, Melilla,…

Xogador moi novo, destaca polo seu potencial físico, aporta anotación e rebote. Pode ocupar a posicion de 3.

22 minutos 11 puntos e 6 rebotes.

 

# Sergio Moreta Aleiro

O canteiran ainda non tivo a oportunidade de debutar esta tempada

XOBORG LA ANTIGUA CBTORMES

#JugadorAltura
#espSergio Moreta188
1haiusaKessly Felizor201
4espDavid Paniagua197
6espAlbert Garrido188
8espCesar Yañez205
9denHannibal Salomon195
11usangaAyo Akinwole182
11usaJuan Galloso175
22espAcoydan McCarthy201
24espÁlvaro Sánchez Ollero194
32espMark Hetor197
NombreTrabajo
Borja San MiguelEnt