PRIMEIRA VITORIA

Chegou a primeira vitoria do MARÍN ENCE PEIXEGALEGO fronte ao UNICAJA BANCO OVIEDO nesta liga EBA 21/22. A visita a cancha de Pumarín supón sempre un duro envite, a pesares do ben que sempre trátannos nesas terras.

UNICAJA BANCO OVIEDO   56     MARIN ENCE PEIXEGALEGO 68

Nun partido cun inicio un tanto timorato, na primeira parte os os peixiños acadaron  unha diferenza de 13 puntos que os levaría ao descanso (30-43),  e que ao remate tornariase en fundamental.  A igualdade e os erros tan característicos  dos  inicios das temporadas, así como o baixo tanteo,  foron o denominador común do segundo tramo do encontro (26-25).

A xestión da diferenza por parte dos peixiños, moito mais experimentados,  foi chave ante os de Agustín Munarriz, que ten entre mans un equipo moi novo e probablemente cunha filosofia distinta, coma corresponde a un filial de todo un LEB Ouro.

A destacar a achega coral de todos os compoñentes do equipo, a boa dirección dúas bases, a anotacion, ou equilibrio dous interiores,…

No apartado estatístico, o máximo anotador foi Pablo Castro con 14 puntos e tremendo dende a liña de 3 puntos.

O seu irman Juan Castro aportou un dobre-dobre  con 13 e 10 rebotes.

O xogador mais valorado foi Alvaro Filgueira con 15 puntos neste apartado en 18 minutos.

Próxima parada o vindeiro sábado no Sequelo por mor doutro compromiso do concello na Raña ante o equipo de Culleredo. A pesares de intentar trocar a orde dos partidos, non foi posible pola negativa dos coruñeses.

ESTADISTICAS

#Forzapeixe