Detalles

Fecha Hora

Empeza esta tempada 22/23 coa visita do equipo mais potente da categoría, CIRCULO GIJON BASKET, e falando sen andrómenas un dos máximos aspirantes a recuperar a categoría LEB Prata. Para iso conformaron un plantel de enormes garantías que estará novamente baixo as ordénes de Nacho Galán, adestrador crave no proxecto desde o inicio do mesmo. Na plantilla manteñense xogadores que estiveron a tempada pasada como Javi Lucas e o ferrolán Samu Barros e reforzos de calidade como Knežević, Gačic, Morchón, Navas, Vukčević ou Diagne.

Ángel Moro Base 182 cm 28 anos

O playmaker xa visitou A Raña a tempada pasada con USAL La Antigua co que conseguiu o ascenso á LEB Prata con medias de 4,5 puntos, 1,8 asistencias e 1,7 rebotes.

Hugo Bartolomé Alero /199 cm 24 anos

Exterior con boa man, bo defensor. Internacional absoluto con Andorra, formado nas canteiras de Morabanc Andorra e FC Barcelona.

Acumula xa experiencia en EBA e Prata en equipos como Iraurgi SB, Benicarló, Archena entre outros. Na sua ultima tempada medias de 10 puntos, 3.6 rebotes e 2 asistencias.

Milo Vukcevic Ala-pivote 200 cm 26 anos

O montenegrino é outro “vello” coñecido dos nosos xiareiros. En categoria cadete aterrizou na canteira de Estudantes de Lugo.

Moi bo tirador e consistente no rebote ao que suma 11 anos de percorrido na liga EBA. Gran tempada en Obila, con 15 puntos e 6 rebotes.

Mamadou Diagne Pivote 208 cm 23 anos

O interior senegales destaca polo seu poderío reboteador e mobilidade, ten experiencia na categoría a pesar da súa mocidade. Chega procedente do CB Alfiden onde realizou unha gran campaña con 11 puntos e case 9 rebotes

Alan morchon Base 188 cm 22 anos

O base-escolta valisoletano formado na canteira de CB La Flecha, brillou a campaña pasada en ULE Basket León, enfrentandose cos peixiños en 2 ocasións. Moi vertical e bo reboteador combinado cunhas grandes condicións defensivas.

12pts, 5.6 reb e2.5 balóns roubados.

Filip Knezevic Pivote 205 cm 28 anos

o pivote montenegrino aterra desde villarrobledo de LEB prata. Todo un veterano das ligas FEB, Gandía, Andorra, Chantada, Murcia, entre outros figuran no seu curriculum. Destaca polo seu bo xogo no poste baixo.

Na 21/22 en 9 partidos cos manchegos promediou 8,9 puntos, 5,6 rebotes e 10,4 de valoración.

Samu Barros Base 190 cm 24 anos

Incorporado o ferrolán a metade da tempada pasada procedente do Globalcaja Quintanar. Experiencia en EBA e en Prata con Xuven Cambados.

Xogador talentoso e polivalente que pode ocupar as posciones de 1 e 2.

As súas medias en EBA en Quintanar eran de 12.6 puntos.

Javi Lucas Ala – Pivote 2.08 33 anos

O alacantino é un dos referentes do equipo, por galóns e traxectoria. Pode ocupar as 2 posicións interiores, con rango de tiro e capacidade atlética.

Ampla experiencia LEB Oro , Alacante, Coruña, Palma,..

10 puntos, 6 rebotes

Fran Sánchez aleiro 195 cm 20 anos

xogador novo formado na canteira de Oviedo Baloncesto. Tivemos a oportunidade de gozar do seu xogo o ano pasado con números de 7 puntos por partido.

Sandro Gacic Base/Escolta 201 cm 26 anos

O talentoso exterior bosníaco formado en canteira Baskonia destacou en liga EBA nas 8 tempadas nas que participou na categoría. A tempada pasada deu o salto a LEB Prata en Zornotza.

Xogador capaz cunha gran capacidade de direccion.

Alex navas Aleiro 196 cm 22 anos

Formado na canteira de Hospitalet beirado destaca polo seu tiro exterior. 10 puntos no Nautico de Tenerife.

Poucas excusas para non asistir a Raña, voltar a animar aos nosos ante un grandísimo equipo e recuperar esa ansiada normalidade pola que levamos tanto tempo agardando.

#Forzapeixe

CIRCULO GIJON BALONCESTO

#JugadorPosiciónAlturaEdad
#porangRafa SilvaEscolta19622
3porJorge EmbalóEscolta18228
4andHugo BartolomeAlero19924
6espSherif IdrisAla Pivot20525
11espAlan Morchonbase18822
12espMichel OkaforAla Pivot20823
15espSamuel Barrosbase19024
18espFran SánchezAlero19520
25fraHugo CluysenAla Pivot20126
44espFernando Fernandez NovalAla Pivot--
77mneMilo VukcevicAla Pivot20026
NombreTrabajo
Nacho GalánEnt