DEREITOS E OBRIGAS DOS PAIS
 

 No Marín Peixegalego a participación e implicación dos pais e nais é fundamental para poder levar adiante o noso proxecto. Sen vos, non sería imposible a consecución dos obxectivos marcados. Polo tanto precisamos de vos coma un elemento chave no funcionamento do club. A inscrición dun xogador/a supón o coñecemento e aceptación por parte dos país e nais das actividades que ofrecemos e compromételles a respectar o regulamento de rexime interno e as demais normativas, así como procurar que os seus fillos/as respéctenas en todo momento-

A forma de resume:
DEREITOS

 • A ser atendidos cando precisen.

• Recibir información sobre o protocolo Covid 19 ou outras circunstancias que condiciones os adestramentos, partidos ou dinámica do club.

• A ser tratados con educación e respecto á súa dignidade, non podendo ser obxecto de faltas ou vexacións de ningún tipo por membros do club.

• A presentar petición, suxerencias, ou queixas ás instancias do club.

• Teñen dereito, cando así o soliciten, a recibir do adestrador/a información relativa o/a seu/a fill@ nos aspectos vinculados á integración no grupo, situación anímica e condutas mostradas polo xogador/a.

• Acudir as reunións telemáticas ou presenciais sobre o club ou equipo onde xoga seu/a fill@.

• Colaborar co club de maneira voluntaria.

OBRIGAS

• Respectar e valorar o traballo dos adestradores/as e membros/as do club.

• Colaborar cos seus fillos/as para que acudan regularmente, con asiduidade e, puntualidade aos adestramentos, partidos e actividades nas que participen.

• As notificacións e avisos relativos ao equipo principalmente faranse a de través do grupo de whatssap.

• Estará terminantemente prohibido o acceso aos adestramentos mentras permaneza a situación actual de pandemia do Covid19.

• Recomendase de xeito regular a non permanencia no pavillón durante os adestramentos.

• Non se poderá acceder aos vestiarios nin a pista antes, durante e despois dos encontros e adestramentos sen permiso do adestrador/a ou por un motivo xustificado.

• Absternerse durante o desenvolvemento dos adestramentos e dos partidos, incluídos descansos, de aconsellar ou recomendar, tanto aos xogadores/as coma aos ténicos/as, accións que sexan competencia exclusiva do adestrador.

• Aceptar as decisións técnicas dos adestradores/as e do club.

• Evitar interromper adestramentos para preguntar ou informar o adestrador/a. Calqueira consulta deberá realizarse unha vez finalizada a actividade ou nas horas marcadas coma titoría. A xeito de recomendación xeral, adestramentos e encontros conlevan implicacións emocionais, sendo sempre mais aconsellable deixar pasar 24-48 horas para tratar temas delicados con mais cordialidade.

• Evitar as críticas diante dos seus/as fill@s sobre o adestrador/a, compañeiros/as do equipo/club ou doutros país e nais.

• Manter nos partidos unha actitude correcta e de respeto cara a árbitros/as, xogadores/as, técnicos/as, e público, evitando xerar tensión ou violencia. Estes comportamentos poden afectar incluso repercutir negativamente ou en forma de sancións no club e afectar a evolución deportiva do xogador.

• Achegar a documentación ou informes relativos a datos persoais, médicos, etc. Sempre relacionados coa actividade que desenvolven os seus fillos/as e conforme á lei de protección de datos e á intimidade persoal.

• Asistir ás reunións nas que sexan citados polos adestradores/a ou estamentos superiores do Club.

• Abonar a cota establecida polo Club nos prazos solicitados. A falta de pagamentos supoñen un gravísimo problema á estabilidade do club e o seu funcionamento. Ningún xogador poderá comezar a tempada con débedas da anterior debendo poñer os pagos ao día. A falta de pagamento sen causa xustificada pode supoñer a suspensión da asistencia do xogador/á as sesións de adestramentos ou partidos. No caso de calqueira situación especial contactar coa directiva, se abordará con discreccion e sensibilidade, sempre primando o benestar do nen@.