ESTUDIANTES LUGO RIO DE GALICIA – MUNDIOMA MARÍN ENCE PEIXEGALEGO

ESTUDIANTES LUGO RIO DE GALICIA – MUNDIOMA MARÍN ENCE PEIXEGALEGO  segundo encontro da tempada, no que visitaremos a un clásico da categoría.

Detalles

Fecha Hora

Regreso á liga EBA de todo un clásico da categoría e do baloncesto galego.

Moitos xogadores da casa novos xuntos a algúns veteráns combinados con algún reforzo no xogo interior, conforman a receita coa que Nico Fernández encara o retorno a esta competición. Na primeira xornada impuséronse con claridade a Traumacor Culleredo en cancha allea por 73-87 (14/21 – 15/22 – 15/21- 15/23) mantendo unha gran regularidade anotadora durante todos os parciais.

Bases:

Andres Corral: canteirán, 8ª tempada na liga EBA, sempre Estudantes salvo un ano de paso por Chantada. Xogador chamado a ser importante, con capacidade para anotar e asistir aos seus compañeiros.

No primeiro partido máis de 30 minutos con 11 puntos e 7 asistencias

Pedro Fernández: outro xogador da casa que xa debutou en EBA na súa época junior. Moita capacida física. Pode ocupar a posición de escolta. Un dos grandes destacados nese primeiro partido con case 30 minutos e 17 puntos.

Escoltas e Aleiros:

Cristian Darriba: canteirán aínda en formación, cumpre a súa primeira tempada senior.

Adrián López: formado na casa e con ampla experiencia en EBA. Xogou en Estudantes, Chantada e Santurzi.

David Nogal: o aleiro portugués chega dende Valencia Basket. Internacional en categorias inferioresm cumprirá a súa primeira tempada como senior en Lugo.

Diego Villadóniga: outra que achegara rotación exterior de calidade ao equipo.

Álex Hermida: xogou 3 tempadas en liga EBA, como non podía ser doutra forma en casa Lugo. 15 minutos 4 puntos e 6 rebotes no primeiro encontro.

Luís López: xogador que aporta moita experiencia froito os seus anos en Rosalia en liga EBA e noutras categorías FGB. 17 minutos e 9 puntos fronte Culleredo.

Gonçalo Morais: o catro portugués moi novo. Procede do Farense. Xogador con grandes condicións físicas, gozamos do seu xogo nun torneo junior en Vila Real. Gran despregue sobre a pista, capacidade reboteadora e anotadora. Foi o mellor na primeira xornada acreditando dobres díxitos, 25 puntos, con 4 triplos, 10 rebotes e 31 de valoración.

Álex Leiro: súa cuarta tempada no equipo. Xogador con condicións moi atleticas. Importante no plano defensivo

Javi Beltrán: Formado nas categorías inferiores da Salle Palma. Xogou para o club na 20/21. Acumula experiencia tanto en EBA como LEB Prata en Zamora. Rebote e anotación.

Cheik Diop: Clásico interior senegalés, atlético, intimidador e reboteador. Con capacidade para correr o campo. Internacional por categorías inferiores, Chegou a España nas filas de Canoe. Xogou posteriormente en Xetafe e Becedo.

ESTUDIANTES LUGO RIO DE GALICIA

#JugadorPosición
sen CHEIK DIOPPívot
espJAVI BELTRANAla Pivot
4espPEDRO FERNANDEZbase
5espANDRES CORRALbase
5espANDRES CORRAL BOUZAbase
8espALEX HERMIDAAlero
9porDAVID NOGALEscolta
10espADRIÁN LÓPEZEscolta
13espDIEGO VILLADONIGAAlero
14porGONÇALO MORAISAla Pivot
17espALEX LEIROAla Pivot
33espLUIS LOPEZAlero
39espCRISTIAN DARRIBAEscolta
NombreTrabajo
Nico FernándezEnt