04 Oct ESTUDIANTES LUGO RIO DE GALICIA – MUNDIOMA MARÍN ENCE PEIXEGALEGO
ESTUDIANTES LUGO RIO DE GALICIA – MUNDIOMA MARÍN ENCE PEIXEGALEGO segundo encontro da tempada, no que visitaremos a un clásico da categoría.
Pabellón
PAZO PROVINCIAL DOS DEPORTES |
---|
Detalles
Fecha | Hora | Liga |
---|---|---|
08/10/2023 | 19:00 | EBA |
Regreso á liga EBA de todo un clásico da categoría e do baloncesto galego.
Moitos xogadores da casa novos xuntos a algúns veteráns combinados con algún reforzo no xogo interior, conforman a receita coa que Nico Fernández encara o retorno a esta competición. Na primeira xornada impuséronse con claridade a Traumacor Culleredo en cancha allea por 73-87 (14/21 – 15/22 – 15/21- 15/23) mantendo unha gran regularidade anotadora durante todos os parciais.
Bases:
– Andres Corral: canteirán, 8ª tempada na liga EBA, sempre Estudantes salvo un ano de paso por Chantada. Xogador chamado a ser importante, con capacidade para anotar e asistir aos seus compañeiros.
No primeiro partido máis de 30 minutos con 11 puntos e 7 asistencias
– Pedro Fernández: outro xogador da casa que xa debutou en EBA na súa época junior. Moita capacida física. Pode ocupar a posición de escolta. Un dos grandes destacados nese primeiro partido con case 30 minutos e 17 puntos.
Escoltas e Aleiros:
– Cristian Darriba: canteirán aínda en formación, cumpre a súa primeira tempada senior.
– Adrián López: formado na casa e con ampla experiencia en EBA. Xogou en Estudantes, Chantada e Santurzi.
– David Nogal: o aleiro portugués chega dende Valencia Basket. Internacional en categorias inferioresm cumprirá a súa primeira tempada como senior en Lugo.
– Diego Villadóniga: outra que achegara rotación exterior de calidade ao equipo.
– Álex Hermida: xogou 3 tempadas en liga EBA, como non podía ser doutra forma en casa Lugo. 15 minutos 4 puntos e 6 rebotes no primeiro encontro.
– Luís López: xogador que aporta moita experiencia froito os seus anos en Rosalia en liga EBA e noutras categorías FGB. 17 minutos e 9 puntos fronte Culleredo.
– Gonçalo Morais: o catro portugués moi novo. Procede do Farense. Xogador con grandes condicións físicas, gozamos do seu xogo nun torneo junior en Vila Real. Gran despregue sobre a pista, capacidade reboteadora e anotadora. Foi o mellor na primeira xornada acreditando dobres díxitos, 25 puntos, con 4 triplos, 10 rebotes e 31 de valoración.
– Álex Leiro: súa cuarta tempada no equipo. Xogador con condicións moi atleticas. Importante no plano defensivo
– Javi Beltrán: Formado nas categorías inferiores da Salle Palma. Xogou para o club na 20/21. Acumula experiencia tanto en EBA como LEB Prata en Zamora. Rebote e anotación.
– Cheik Diop: Clásico interior senegalés, atlético, intimidador e reboteador. Con capacidade para correr o campo. Internacional por categorías inferiores, Chegou a España nas filas de Canoe. Xogou posteriormente en Xetafe e Becedo.
ESTUDIANTES LUGO RIO DE GALICIA
# | Jugador | Posición |
---|---|---|
Pívot | ||
Ala Pivot | ||
4 | base | |
5 | base | |
5 | base | |
8 | Alero | |
9 | Escolta | |
10 | Escolta | |
13 | Alero | |
14 | Ala Pivot | |
17 | Ala Pivot | |
33 | Alero | |
39 | Escolta |
Nombre | Trabajo |
---|---|
Nico Fernández | Ent |